Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Nova ferramenta

A web Ciberdúvidas ofrecerá un curso de portugués en liña

O portal, que recibe 2,5 millóns de visitas ao mes, expresa tamén a súa preocupación sobre o retroceso do galego no ensino.

Redacción - 10:30 26/07/2009

A web Ciberdúvidas vai poñer en marcha un servizo destinado a promover o estudo do portugués na internet, principalmente na etapa escolar. Incluirá xogos interactivos sobre gramática e escrita que serán corrixidos e avaliados. Ademas, unha biblioteca virtual facilitará o adestramento da lectura con obras literarias e textos científicos.

O proxecto xa mereceu a luz verde do Ministerio da Educación de Portugal, que destinou dous profesores para apoiar o equipo de Ciberdúvidas. Este portal conta con 2,5 millóns de visitas mensuais ao seu arquivo de 30 mil respostas e dúbidas sobre a lingua portuguesa.

Pero esta ferramenta, ademais de ser de utilidade para o estudantado dos países lusófonos, tamén o o ha ser para as persoas que están a aprender a lingua noutros lugares do mundo. Neste senso, na propia web de Ciberdúvidas, facendo referencia á información publicada por Vieiros, lembran que o portugués será segunda lingua en Extremadura, mentres en Galiza "hai sinais de recúo no proceso de implantación do galego no ensino" e dubídan de se algún día a lingua portuguesa chegará a igualar en Galiza o status que ten en Badajoz ou en Cáceres.


4,5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: