Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Durmindo co inimigo

Microsoft colaborará no desenvolvemento de Linux

A empresa estadounidense publica o código fonte de tres controladores para mellorar a compatibilidade con Windows.

Redacción - 12:00 21/07/2009

Nunha acción sen precedentes, Microsoft vai achegar 20 mil liñas de código ao núcleo Linux, o corazón dos sistemas operativos de código aberto máis difundidos. Persoal da empresa estadounidense desenvolveu tres controladores e liberounos baixo a licenza GPL versión 2.

Microsoft fixo o anuncio durante a apertura da conferencia de código aberto de O'Reilly, a OSCON. O obxectivo é mellorar a integración entre Windows e GNU/Linux, e que o sistema operativo libre funcione eficientemente virtualizado sobre Windows. A liberación deste código non implica directamente que vaia ser incluído de inmediato na próxima versión do núcleo Linux, senón que será preciso un proceso de aprobación.

Deste xeito, a compañía que popularizou Bill Gates únese á longa lista de empresas que contribúen ao 'kernel' Linux. As cinco primeiras son Red Hat, Intel (que acadou recentemente a segunda posición), Novell, IBM e Oracle. En total, son máis de 100 corporacións e case mil desenvolvedores os que traballan nese código, en constante mellora e actualización.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: