Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Últimas semanas de recepción de temas

Fin de semana, novos ghits

Duplo Son, Trapallada, Rumbongo Band, Disco Verán e A banda da Balbina dispóñense a subir a temperatura deste verán no A polo ghit.

Redacción - 11:10 18/07/2009

Chega unha nova fin de semana e unha nova quenda de novas candidaturas a ser a canción galega do verán. Desta volta, cinco propostas con moito protagonismo da auga: Duplo Son (Casa do río), Trapallada (Inmunes ás mentiras), Rumbongo Band (Ponme unha birriña), Disco Verán (As ondas do mar) e A banda da Balbina (O fillo do mar). Xa se poden escoitar, descargar, votar e opinar na web de A polo ghit!

Duplo Son
estréase en A Polo Ghit con Casa do río. A banda fórmana Brandán: Clarinete baixo, guitarra acústica, Anahí: Voz, Jorge: Guitarra eléctrica, Tono: Baixo, Dani: Batería, Tarteiras (David): Percusión, Charlie (Victor): Percusión.

Un ano máis, o grupo Trapallada preséntase candidato a gañar a canción do verán galega. Inés (trompeta), Pedro (baixo), Marcial (guitarra e voces), Jorge (guitarra e voces), Arnaud (trombón), Rafa (batería).

Rumbongo Band: Esta banda virtual e formada asidua e esporadicamente por músicos de Festicultores é o resultado de longas tardes e noites canábicas e likórikas rodeado de instrumentos e co ordenador a 1000 por hora. Presentamos este tema como alternativa á calor, tamén virtual estes últimos anos, do verán tropical galego. ¿Cando non senta ben unha cervexiña?

Disco Verán: Disco Charly, Disco Edu, Disco Jure e Disco Nano chegan dende Xinzo de Limia cun tema movido composto por Disco Charly e coa esperanza de gañaren A Polo Ghit 2009.

A banda da Balbina nace nos Ánxeles (Brión) a finais do ano 2007. Dende os seus inicios mantén unha proposta que mestura ritmo e melodía ca musicalidade da lingua galega. Despóis do éxito da edición pasada co tema "Estomballada" presenta este ano "O Fillo Do Mar", esperando que teña, polo menos, a mesma repercusión e vos faga bailar nas verbenas de toda Galicia.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: