A compañía catalá abre dez días de representacións na vila ourensá co espectáculo 'Splash', que ocupará todo o campo de fútbol do Xestal.
Splash é unha montaxe exclusiva para a MIT que nunca máis será representada. Na obra participarán máis de 80 actores, entre eles máis de 40 voluntarios, que se prepararon durante dous días na Escola de Vigo. A obra ten un aforo de tres mil espectadores e xa a mediados desta semana esgotara todas as localidades.
Pero esta fin de semana os asistentes á Mostra de Ribadavia non só poderán ver o espectáculo de La Fura. Cómpre salientar igualmente a representación da premiada La casa del abuelo da Compañía la Rous, o sábado 18 con dúas únicas representacións limitadas a 50 espectadores cada unha. O domingo tamén chamará a atención dos espectadores Alicia atraviesa el espejo, da madrileña Réplika Teatro, e que contou coa colaboración de Agatha Ruíz de la Prada para o deseño da súa escenografía.
Programa
Venres 17
20:00 Inauguración de autoridades no salón de plenos do Concello de Ribadavia.
20:30 Pregón do XXV aniversario da MIT a cargo de Cándido Pazó. Praza Maior.
23:00 Splash. La Fura dels Baus. Catalunya. Campo de fútbol O Xestal.
Sábado 18
12:30 La casa del abuelo. Compañía La Rous. Andalucía. Igrexa da Magdalena. (Aforo limitado a 50 persoas)
13:30 Presentación do libro sobre o XXV aniversario da MIT Ribadavia. Sede da Mostra Internacional de Teatro.
20:30 La casa del abuelo. Compañía La Rous. Andalucía. Igrexa da Magdalena. (Aforo limitado a 50 persoas)
23:00 City/Sim City. Flyhard e Sala Beckett. Catalunya. Auditorio do Castelo.
Domingo 19
12:00 Alicia atraviesa el espejo. Réplika Teatro. Madrid. Casa da Cultura.
19:30 Presentación da colección Abrente de Teatro, ed. Difusora. Lectura dramatizada. Espazo Ruadavia: Alameda.
23:00 De la vida de las marionetas. Réplika Teatro. Madrid. Auditorio do Castelo.