Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SÁBADO 18 EN BURELA

Jazz dende o oriente cubano até o occidente peninsular

A formación do pianista Alejandro Vargas estará na Mariña esta fin de semana, anticipando os sons que se escoitarán na 'Descarga ao Vivo'.

Redacción - 09:45 18/07/2009

Alejandro Vargas, pianista e compositor cubano, premio Cubadisco en 2008 ao mellor disco de Jazz con "Trapiche", chega a Galiza para encher os teatros con repertorio do órgano oriental e composicións propias nun concerto de jazz de cámara cubano. Nacido en Holguín e residente na Habana, Vargas estará acompañado de José Manuel Díaz ao contrabaixo e Raciel Jiménez á batería. O 18 de xullo fecharán o Seminario de Jazz de Burela nun concerto ás 21h no Auditorio, e o 28 de xullo tocarán no Verbum de Vigo, ás 21h. Vargas tamén ofrecerá unha master class en Burela este sábado ás 16:30h.

Mais o trío vén a Galiza para participar do espectáculo da DESCARGA AO VIVO do que Vargas é director musical. Responsabilidade que comparte cos galegos Pedro Pascual, profesor da Central Folque, compositor, arranxista, produtor musical, músico de Marful e Marcos Teira, compositor, arranxista, músico de Marful, Narf, U-lo Trío e recoñecido intérprete de guitarra flamenca.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: