O veto chega un día despois de que un convidado da cadea involucrou o presidente palestino, Mahmoud Abbas, do que é vello rival, na morte de Arafat.
Farouk Kaddoumi
O Goberno da Autoridade Nacional Palestina (ANP) vetou as operacións do canal árabe de TV por satélite Al Jazeera en Cisxordania este mércores, un día despois de que un convidado acusou o presidente Mahmoud Abbas de estar involucrado na morte de Yasser Arafat. Unha teoría que comparten moitos cidadáns palestinos.
O que realizou este comentario é Farouk Kaddoumi, dirixente da Organización para a Liberación de Palestina (OLP) e do propio partido de Abbas, Al Fatah. Ambos os dous son vellos rivais. Ao respecto, o Ministerio de Información acusou Al Jazeera de informar con parcialidade e sen dar probas.
Este peche súmase aos enfrontamentos que a canle ten con gobernos de Oriente Próximo. O Estado de Israel é un dos principais críticos, mais tamén foi expulsada de Iraq e regresou hai pouco a Arabia Saudita despois dunha longa prohibición.
Porén, Al Jazeera segue a ser o máis importante creador de opinión na opinión pública árabe, e as consecuencias da decisión de Abbas, que viu a súa popularidade descender aínda máis logo do masacre en Gaza, poderían ser nocivas para os seus intereses.