Cae un avión Tupolev con 168 pasaxeiros que facía traxecto entre Irán e Armenia. Non hai superviventes.
O avión sinistrado facía ruta entre as capitais de Irán e Armenia e veuse a terra por causas descoñecidas 150 quilómetros ao noroeste da capital iraní, Teherán, apenas un cuarto de hora despois do despegue do aseroporto internacional Jomeini. Segundo as primeiras informacións que chegan daquel país terían falecido os 153 pasaxeiros e mais os 15 membros da tripulación.
O aparello era propiedade da empresa Caspian Airways e similar a outro accidentado hai xa sete anos no mesmo país. Tamén en Irán e máis recentemente, en decembro de 2005, esnafrara outro aparato, daquela un militar do tipo Hércules, deixando 116 mortos.
Co accidente deste mércores suman xa catro os sinistros graves nos últimos dous meses: o 20 de maio un avión Hércules C130 bateu contra edificios en Indonesia causando máis dun cento de mortos. O 1 de xuño, un airbus de Air France que viaxaba entre Brasil e Francia caeu ao mar por causas tamén descoñecidas provocando a morte de 228 persoas. E o 30 de xuño pasado, un Airbus 310 que voaba ás illas Comoras caeu ao índico deixando 153 mortes e unha sobrevivente.
Última hora: