Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Expediente de Regulación de Emprego

A planta de Pascual en Outeiro de Rei pechará o 1 de agosto

A empresa estaría disposta a vender a planta por 30 millóns de euros, moi por baixo dos 150 nos que a valoraba até o de agora.

Europa Press - 08:00 14/07/2009

A planta de Leite Pascual na localidade luguesa de Outeiro de Rei pechará as súas portas o próximo 1 de agosto, unha actuación que afectará a maior parte do equipo --155 empregados--, dado que só permanecerán nas instalacións entre dez e 15 operarios que se encargarán de labores de mantemento.

Así o aseguraron a Europa Press fontes próximas á negociación que mantén o comité de empresa desta factoría e a directiva do grupo lácteo castelán para consensuar o expediente de regulación de emprego (ERE) temporal que aplicará a empresa leiteira. Pascual ofreceu aos traballadores de Outeiro de Rei unha saída "incentivada", cunha indemnización de 54 días por ano traballado.

As mesmas fontes sinalaron que a empresa burgalesa reduciu o valor da planta lucense que, até a data, situaba en 150 millóns de euros deica uns 30 millóns polos que si estaría disposta a vender na actualidade. Traballadores e dirección de Leite Pascual reuniranse o mércores por novena vez na localidade zamorana de Benavente para continuar as negociacións do ERE.


3/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: