O financiamento das guerras en Iraq e Afganistán e a inxección de cartos aos bancos disparan o burato nas contas estadounidenses.
As contas do xigante económico estadounidense indican que o mes de xuño o déficit orzamentario quedou en 94.318 millóns de dólares, segundo o informe do departamento do Tesouro. Unha cifra récord que, considerado o déficit acumulado no exercicio 2008-2009, desde outubro do ano anterior, sitúa o déficit xa ben por riba dos 100 mil millóns de dólares a finais de xuño de 2009. Nesa evolución, os analistas agoiran xa que os números do burato poderían chegar a 180 mil millóns ao peche do ano fiscal a finais de setembro próximo.
A evolución das cifras do motor económico dos EUA vai á beira da redución da recadación no actual contexto de crise económica. Sofre ademais do impacto das elevadas cantidades desembolsadas nos sucesivos plans de reactivación económica, elaborados en favor de, por exemplo, o sector da automoción e, principalmente, a prol das entidades financeiras. De xeito paralelo, a caixa pública estadounidense segue erosionada diariamente polo financiamento das invasións de Iraq e Afganistán.
Para ampliar: