Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Empresas

Filipinas dálle o visto e prace a Yondelis, e Zeltia dispárase na bolsa

PharmaMar, filial do grupo farmacéutico galego, xa comercializa o medicamento en media ducia de países fóra do Espazo Económico Europeo.

Redacción - 14:00 10/07/2009

As accións do grupo farmacéutico galego Zeltia subían un 6% á media mañá deste venres logo de que Filipinas aprobou o uso do composto Yondelis para o tratamento do cancro de ovario recorrente e o sarcoma de tecidos brandos (STS).

A compañía destacou que "a aprobación de Yondelis para o tratamento do cancro de ovario recorrente por parte das autoridades filipinas supón a primeira aprobación para Yondelis nesta indicación".

Distribución fóra do EEE
PharmaMar, filial de Zeltia, comercializa Yondelis nos máis de 30 países do Espazo Económico Europeo (EEE), incluído Suíza. Filipinas súmase aos de fóra deste grupo, onde xa está á venda: Arxentina, Colombia, Venezuela, Corea do Sur e Rusia.

Yondelis ten, ademais, designación de "medicamento orfo" (en enfermidades pouco frecuentes) para o tratamento de sarcoma de tecidos brandos e cancro de ovario na Unión Europea, Estados Unidos e Suíza, e en Corea do Sur para sarcoma de tecidos brandos.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: