Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
I+D+i

A urina podería ser o combustíbel do futuro

Unha investigadora norteamericana desenvolveu un sistema para obter hidróxeno a partir da urea con menos custe enerxético.

Redacción - 11:45 09/07/2009

A paulatina substitución dos hidrocarburos polo hidróxeno como combustíbel nos automóbiles está a facer que xurdan novos métodos para obter ese elemento, moi abundante na natureza pero non en estado puro. A solución pode estar no urinario máis próximo.

Até agora, obter hidróxeno requiría grandes cantidades de enerxía para poder romper as moléculas de gas natural ou de auga. Pero unha investigadora da universidade de Ohio, Geraldine Botte, acaba de desenvolver un electrodo baseado en níquel para oxidar as moléculas de urea -abundante na urina- e separar o hidróxeno. Segundo os seus experimentos, separar o hidróxeno do nitróxeno nas moléculas de urea só precisa 0,37 voltios, fronte aos 1,23 necesarios para separalo do osíxeno na auga.

Deste xeito, pódese conseguir un balance enerxético moito máis positivo á hora de obter o hidróxeno como combustíbel fronte aos métodos tradicionais. Agora a incógnita é saber de onde se vai recoller esa urea.


3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: