Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Contra o quecemento global

Os dirixentes do G8 acordan pararlle os pés á mudanza climática

Este foi un dos asuntos chave da cimeira que se desenvolve, até venres, na castigada cidade italiana de L'Aquila.

Redacción - 08:00 09/07/2009

Os dirixentes do G8 -dos países economicamente máis poderosos-, que se reúnen dende este mércores na cidade italiana de L'Aquila (Abruzos), comprometéronse a tentar limitar as emisións de dióxido de carbono á atmosfera nun 80% antes de 2050; para outros estados do mundo, o obxectivo da redución fixouse no 50%.

Aos países membros do G8 (Estados Unidos, Canadá, Xapón, Italia, Alemaña, Reino Unido, Francia e Rusia) nesta cimeira engádense cinco países emerxentes que conforman o G5 ( Brasil, México, Sudáfrica, China e India), Exipto e os países do Foro das Principais Economías sobre Enerxía e Mudanza Climática (Australia, Corea do Sur, Indonesia e Dinamarca), algúns países africanos (Angola, Alxeria, Nixeria,Senegal e Etiopía), o dirixente libio Muamar Gadafi (presidente de quenda da Unión Africana) e tres países máis que foron convidados (o Estado Español, Países Baixos e Turquía).

A India e China son as potencias máis escépticas sobre os obxectivos expresados na xuntanza con respecto a redución das emisións de gases con efecto invernadoiro.

Aínda que o quecemento do planeta foi un dos temas centrais da cimeira do G8, como xa informaba Vieiros, hai outros asuntos aínda máis destacados na xuntanza que se está a desenvolver en Italia, como a crise económica ou os programas nucleares de Irán ou Corea do Norte.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: