Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
LOGO DAS ELECCIONS

A presidenta arxentina renova o seu gabinete de ministros

A mandataria da Arxentina, Cristina Fernández de Kirchner, cambiou onte a varios dos seus ministros. De todos os xeitos, as mudanzas non fan prever grandes transformacións na política xeral do goberno.

Débora Campos - 10:35 08/07/2009

A presidenta arxentina, Cristina Fernández de Kirchner, dispuxo na noite deste martes novos cambios no seu equipo de traballo nun sinal ao resultado das eleccións lexislativas do pasado 28 de xuño cando o seu partido perdeu por dous puntos pero mantivo a primeira minoría no Parlamento.

A última hora deste martes, o Goberno anunciou que o ministro de Xustiza, Aníbal Fernández, pasará dende este mércores a ser o novo xefe de Gabinete mentres o ministro de Economía deixará de ser Carlos Fernández xa que o posto quedará en mans de Amado Boudou.

Pola súa banda, a carteira de Xustiza e Seguridade quedará nas mans de Julio Alak, quen será reemplazado na xerencia de Aerolineas Arxentinas polo abogado Mariano Recalde, mentres que na Secretaría de Cultura José Nun será remplazado por Jorge Coscia.

Todos os novos ministros prestarán xuramento nos seus cargos hoxe mércores ás 19 (hora da Arxentina) na Casa de Goberno.

Os analistas arxentinos aseguran que estes cambios responden a unha necesidade de renovación do equipo de goberno pero que non constitúen unha rectificación do camiño que a Presidenta deu ao seu Goberno nin tampouco non son un sinal de apertura política logo da moi xusta derrota electoral.

Estes cambios do martes súmanse á recente renuncia da ministra de Saúde Graciela Ocaña e do secretario de Transporte Ricardo Jaime que foron reemplazados hai unha semana.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: