Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE EN CENTROAMÉRICA

A comunidade internacional teme unha guerra civil en Honduras

Partidarios do presidente Manuel Zelaya agardan a súa prometida volta ao país. O goberno golpista ameaza con detelo se regresa.

Redacción - 10:30 05/07/2009

A tensión en Honduras é máxima. Os partidarios do goberno golpista e os do presidente derrocado maniféstanse nas rúas á espera de acontecementos. Nas últimas horas países como Costa Rica, Xamaica, EUA e Canadá pediron esforzos de diálogo para evitar un “baño de sangue”.

Os temores multiplícanse porque o presidente lexítimo, Manuel Zelaya, prometeu regresar este domingo ao seu país acompañado de xornalistas de diferentes nacionalidades e incluso de líderes americanos como o ecuatoriano Rafael Correa. O novo goberno hondureño asegurou que, en caso de entrar no país, Zelaya será detido. A  xerarquía eclesiástica, próxima ás teses golpistas, tamén deixou ouvir a súa voz. O cardeal Rodríguez Maradiaga pediulle a Zelaya que non intente entrar en Honduras para evitar así que se agrave o conflito.

Mentres tanto, a Organización de Estados Americanos xa consumou a expulsión de  Honduras. A OEA busca mecanismos para presionar a un país cunha economía fébel e que ten unha notábel dependencia da axuda financiera que lle chega dende o exterior.

Para saber máis do que está a acontecer:

  • Diarios de Honduras: La Prensa (xornal de maior difusión) | El Heraldo (diario conservador partidario do golpe) | Tiempo (xornal de centroesquerda)


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: