O obxectivo da iniciativa é lograr os suficientes apoios para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular no Parlamento.
Xa podes adherirte ao manifesto “Galego. Patrimonio da Humanidade” no blog aberto para difundir o texto. A páxina vai servir de soporte para unha ambiciosa campaña civil que se vai presentar publicamente a vindeira semana en Vigo.
Tal e como lle explicou esta semana a Vieiros un dos promotores, Manuel Bragado, a idea final é lograr o suficiente número de apoios para poder presentar unha iniciativa parlamentaria e obrigar aos partidos políticos a debater o futuro da lingua.