Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE

Traballo sostén que o abaratamento do despedimento é "unha medida máis"

A conselleira Beatriz Mato encargouse de lembrar que a competencia dunha reforma é do goberno estatal.

Redacción/EP - 13:00 04/07/2009

Mentres o trebón da crise segue sen amainar, o Goberno deixa saír pola boca pequena as súas preferencias para reactivar a economía. Consciente da  impopularidade medida, a propia conselleira de Traballo, Beatriz Mato, referiuse ao abaratamento do despedimento como unha ferramenta máis para reactivar o emprego.

A preguntas dos xornalistas, Mato suxeriu que o abaratamento é unha medida positiva pero apurouse a dicir que a Xunta non ten que facer valoracións porque a responsabilidade de levar adiante o recurte social é competencia do goberno español.

Dende Traballo coinciden coa Confederación Espola de Organizacións de Empresarios (CEOE) na necesidade de reducir o gasto por despedimento aínda que Mato quixo matizar que esta medida por si soa non abonda para rematar coa crise.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: