Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DO 16 AO 19 DE XULLO

O Filminho volve tender pontes entre o cinema galego e portugués

Haberá unha retrospectiva de Edgar Pêra e destacan as proxeccións de 'Aquele Querido Mês de Agosto', de Miguel Gomes, e de 'Tanyaradzwa' de Alberte Pagán.

Redacción - 11:10 05/07/2009

Volve o Filminho, o festival de cinema transfronteirizo e sen fronteiras que o ano pasado acadou un considerábel éxito de público, cunha programación de calidade. Regresa cos mesmos obxectivos e estrutura, dacabalo das dúas beiras do río, en Goián e Vilanova de Cerveira, que partillan a programación. Entre os filmes que se proxectarán, destaca 'Aquele Querido Mês de Agosto', de Miguel Gomes, unha película louvada pola crítica especializada internacional, por exemplo pola edición española de Cahiers du Cinema.

Tamén cómpre salientar a proxección de 'Tanyaradzwa' de Alberte Pagán, unha película de seis horas que se verá ao tempo en dúas pantallas, cunha duración de tres horas; Pagán viaxou a Cimbabue e atopou á muller que dá nome ao filme, que conta a súa historia e constrúe o relato. A película estreouse a finais de xuño no Cineclube de Compostela.

Outro dos pratos fortes é o ciclo dedicado ao realizador portugués Edgar Pêra, autor de filmes neuro-punks e videoclips e creador de Banda Deseñada.

Podes consultar a programación e os horarios aquí


Ligazóns

5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Imaxes do 2008
Imaxes do 2008
Unha imaxe de 'Tanyaradzwa', que se proxectará no Filminho
Unha imaxe de 'Tanyaradzwa', que se proxectará no Filminho