As asociacións que conceden o galardón presentarán os seus candidatos até o 15 de xullo. O gañador coñecerase o 27 de agosto.
O Premio Ramón Piñeiro, organizado pola Asociación Cultural Val de Láncara, recoñece o labor desenvolvido por unha persoa ou entidade galega a prol do país, que se elixirá entre as candidaturas presentadas polas asociacións é colectivos culturais da das comarcas de Sarria, Baralla e O Corgo. Os organizadores están tamén abertos ás suxestións doutras entidades do resto de Galiza.
O 15 de xullo remata o prazo para a presentación das candidaturas e posteriormente iniciarase o proceso de reflexion e decisión. Haberá dúas votacións. Á segunda chegarán só 4 propostas. O nome da persoa ou da entidade galardoada vaise publicar o día 27 de agosto e o premio entregarase, en Láncara, concello natal de Ramón Piñeiro, nun acto solemne. Na presentación desta nova edición, os seus organizadores destacaron que este "é un ano especial", pola homenaxe que se lle rende a Piñeiro, e aseguraron que "esperan acertar co gañador".
En anos anteriores o Premio Ramón Piñeiro 'Facer País' recoñeceu o labor e a traxectoria de Isaac Díaz Pardo, Luís Tosar, Milladoiro, Xosé Manuel Beiras, Xosé Neira Vilas, A Nosa Terra e Avelino Pousa Antelo. Precisamento Pousa Antelo, gañador da sétima edición, será o encargado de entregar o galardón ao novo gañador.