Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
FIN A 19 ANOS DE LOITA

A ACB confirma o Obradoiro para a vindeira tempada

A Asociación de Clubes de Baloncesto dá por boa a documentación presentada pola directiva e agora a súa Asemblea Xeral debe confirmar a decisión o 10 de xullo.

Redacción - 18:50 02/07/2009

A ACB confirmou ao CAB Obradoiro na máxima competición estatal do baloncesto, para a tempada 2009-2010, despois de analizar a documentación presentada polo club e coñecer o informe dos auditores. Agora só falta que a Asemblea Xeral da ACB confirme o vindeiro 10 de xullo esta decisión, mais isto considérase un mero trámite.

Esta decisión devolve o Obradoiro ao lugar que lle correspondía, 19 anos despois de caer eliminado na liga de ascenso á máxima categoría, fronte ao Júver Murcia, que naquela altura fixo xogar baixo a condición de "español" a un xogador que usou documentos falsos para o propósito. O Tribunal Supremo deulle en 2007 a razón ao equipo que preside José Ángel Docobo e dende entón foron subindo os chanzos necesarios para devolver agora o baloncesto galego á ACB, tres tempadas despois do último paso por esta categoría do Leite Río Breogán.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: