Atribúeos ao inicio da campaña turística de verán e ao impacto do Plan E, e avogan por agardar a que transcorra máis tempo para avaliar realmente a tendencia.
Dende CC.OO reciben con cautela a baixada do índice de paro por terceiro mes consecutivo, e propoñen "agardar a que pase máis tempo para comprobar se, efectivamente, se consolida un cambio de tendencia no emprego". Atribúen este descenso do paro ao inicio da campaña turística de verán e o impacto do Plan E, e seguen apostando polo diálogo social como o instrumento máis útil para superar a delicada tesitura económica pola que pasan o país e tamén o resto do estado.