Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PRAZO ABERTO ATÉ O O 10 DE XULLO

Seguimos agardando a que retratedes a vosa lingua

A ampliación do período estipulado para participar no concurso 'Unha imaxe para o galego' vai permitir que sigades enviando os vosos traballos.

Redacción - 13:30 04/07/2009
"Raíces da terra", de Neus Manteiga

"Raíces da terra", de Neus Manteiga

A ampliación do prazo de entrega de traballos en Unha imaxe para o galego até o día 10 de xullo permite que sigan chegando novas imaxes e vídeos á redacción de Vieiros. Un exemplo témolo nesa imaxe que leva por título Raíces da terra, e está firmada por Neus Manteiga. A autora desta imaxe usa os camiños que a auga debuxa na area da praia para simbolizar as raíces que a nosa cultura mira de espallar pola terra en que vivimos, e que teñen como principal alimento a lingua.

Para participar téñense que achegar fotografías (non deseños nin ilustracións) e aceptaranse tamén aquelas que recibiran tratamento dixital sobre unha base propia. A orixinalidade será un valor primordial que se terá en conta, alén da estratexia de impacto á que cada quen queira acudir. Igual que outros anos, recoméndase evitar tópicos recorrentes como retratos de persoeiros, bandeiras, libros, letras ou imaxes de xornais impresos.

No que se refire ao vídeo limítase a duración máxima aos catro minutos, recomendando a faixa recollida entre un e dous minutos como un formato idóneo. A liberdade creativa é total, e só quedarán excluídas aquelas gravacións que constitúan unha ofensa a terceiras persoas.

O prazo para o envío de traballos está aberto até o 10 de xullo, e aqueles que pretendan participar poden atopar aquí as bases da nova edición de Unha imaxe para o galego.


4,83/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: