Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CHEGA A GALIZA POR TERCEIRA VEZ

Vigo xa está listo para acoller a grande feira do hóckey

Entre os días 4 e 11 deste mes disputarase na cidade o Campionato Mundial, en que participarán aqueles que hoxe son os 16 mellores equipos do hóckey en patíns.

Redacción - 11:40 02/07/2009
Vigo e Pontevedra teñen a ocasión de desfrutar estes días do mellor hóckey do mundo

Vigo e Pontevedra teñen a ocasión de desfrutar estes días do mellor hóckey do mundo

Este sábado comeza en Vigo a 39ª edición do Campionato do Mundo de hóckey sobre patíns, no que participarán 16 equipos. O partido inaugural xogarano o sábado ás 20,30 horas a seleccións estatal e Mozambique. Os partidos repartiranse entre o recinto feiral de Cotogrande (IFEVI), en Vigo; e o pavillón municipal de Pontevedra, que será a outra sede. Ao mesmo tempo habilitarase o pavillón de Bouzas para que os equipos realicen os seus adestramentos. Será a terceira vez que este campionato pase por Galiza, despois de disputarse na Coruña nos anos 1972 e 1988.

Os equipos están repartidos en catro grupos coa seguinte composición: No grupo A están a selección estatal, Angola, Mozambique e Colombia; no grupo B compiten Suíza, Brasil, Andorra e Holanda; no grupo C xogan Portugal, Arxentina, Chile e Estados Unidos; e no grupo C figuran Italia, Francia, Alemania e Inglaterra. Os dous primeiros clasificados de cada grupo pasaran á rolda de cuartos de final, mentres que o resto entrarán nunhas eliminatorias que servirán para decidir a súa posición final no campionato.

A selección española, Portugal e Arxentina son os favoritos
O combinado de xogadores do estado español parte como claro favorito no mundial que se xogará en Vigo por dous claros motivos, como son o feito de ser anfitrións e tamén o de ter gañado as dúas últimas edicións. Ademais, o equipo que adestra Carlos Feriche gañou os tres últimos campionatos europeos, polo que non perde un campionato internacional dende que no ano 2003 Portugal gañara o mundial. Atoparase con 15 equipos ansiosos por roubarlle a súa coroa, entre os que Portugal, Arxentina, Suiza ou Italia semellan ser os que teñen maiores posibilidades de éxito.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: