Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NAUFRAXIO

Falece dun ataque ao corazón o patrón dun barco galego afundido en augas de Mauritania

O resto da tripulación do "Vila de Aguete", con base en Marín, viaxa noutro pesqueiro cara o porto de Nouadhibu.

Redacción - 19:30 01/07/2009

O patrón do pesqueiro “Vila de Aguete”, con base en Marín, finou este xoves como consecuencia dun paro cardíaco durante o afundimento do barco que capitaneaba. Na nave, que sufriu o accidente a 25 millas ao sureste de Cabo Branco, fronte ás costas de Mauritania.

Arredor das 15.50 horas, Salvamento Marítimo recibiu a alerta de radiobaliza e localizou outros barcos na zona que se encargaron de recoller os náufragos. A tripulación do pesqueiro afundiso, incluido o cadáver do patrón, viaxa nestes momentos cara o porto mauritano de Nouadhibu. No buque traballaban 21 persoas, sete delas de nacionalidade galega.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: