Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN 2010

Uxío Novoneyra será o homenaxeado das Letras Galegas

A Real Academia Galega decidiu, en sesión extraordinaria, tributarlle este recoñecemento ao poeta do Courel.

Redacción - 14:00 27/06/2009
A súa candidatura colleitou numerosos apoios do mundo da cultura galega

A súa candidatura colleitou numerosos apoios do mundo da cultura galega

Finalmente o escollido foi o poeta do Courel. Uxío Novoneyra converterase, no ano no que se cumpre o décimo aniversario do seu pasamento, no poeta homenaxeado no Día das Letras Galegas 2010. Impúxose así aos demais candidatos, nomeadamente ao que chegaba con máis forza á xuntanza deste sábado na que os académicos tomaban a decisión, Ricardo Carvalho Calero.

Novoneyra naceu en 1930 na localidade luguesa de Parada do Courel e morreu en Santiago en outubro de 1999. Relacionado durante a súa xuventude con intelectuais e artistas como Manuel María,Luis Pimentel, Anxel Fole ou Ramón Piñeiro, volveu a residir no Courel entre os anos 1953 e 1962, unha volta que deixou unha profunda pegada na súa obra.

Nestes últimos tempos, a súa candidatura colleitou moitos apoios. De entre os que pedían o Día das Letras para Novoneira, destaca un colectivo de persoas que dende hai case dous anos realizou unha grande actividade na rede e que recabou máis dun milleiro de sinaturas individuais e de colectivos. O pasado mes de abril Amigos de Uxío Novoneyra entregoulle ao presidente da Real Academia Galega as 1.041 sinaturas de apoio, entre as que están mensaxes de José Viale Moutinho, Juan Gelman ou Agustín Fernández Paz.


Ligazóns

3,93/5 (28 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Novoneyra será o autor recoñecido no vindeiro ano 2010
Novoneyra será o autor recoñecido no vindeiro ano 2010
O Courel deixou unha fonda pegada na obra do poeta
O Courel deixou unha fonda pegada na obra do poeta