Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Obxectos descoñecidos na Vía Láctea

A astronomía de raios gamma vén de descubrir uns estraños obxectos na Vía Láctea, na nosa Galaxia. Estes obxectos misteriosos son unha fonte de raios gamma de elevada enerxía. Os raios gamma son os fotóns de maior enerxía do espectro electromagnético.

- 17:33 25/03/2000
Tags:

Segundo Neil Gehrels, astrofísico da NASA, son obxectos nunca observados con anterioridade. Para Gehrels son moi diferentes ás fontes de explosión de raios gamma, porque neste caso a emisión é continua. Os raios gamma son invisibles para os nosos ollos e teñen una cantidade de enerxía moita máis elevada que a luz visible, os raios X e a radiación ultravioleta. De feito os raios gamma emitidos polos obxectos recen descubertos son uns centos de millóns de veces máis potentes cá luz visible.
As fontes coñecidas de emisión de raios gamma en todo o universo son 271. Delas, 170 aínda están sen identificar. Os astrónomos levas 20 anos tratando de asocia-las fontes non identificada con obxectos coñecidos que emiten outro tipo de luz.
Moitas destas fontes poden ser obxectos coñecidos, febles para identificalos, ou escurecidos por 'néboas' cósmicas. Os novos obxectos están situados no Cinto de Gould, unha banda de estrelas quentes que forman un círculo ó redor do ceo. As posibilidades para identificar estas fontes son buratos negros actuando como aceleradores de partículas, estrelas masivas ou raros cúmulos de púlsares, entre outras teorías.
Máis información.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: