Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NO TELECENTRO DA VILA

Unha videoconferencia une Monterroso con Bos Aires

Calcúlase que unhas 20 familias do lugar poderán aproveitarse destas novas tecnoloxías para poñerse en contacto cos seus parentes.

Redacción - 13:31 25/06/2009
Imaxe dunha xornada celebrada no mesmo centro en 2008

Imaxe dunha xornada celebrada no mesmo centro en 2008

Este venres celébrase no Telecentro de Comunicación de Monterroso, situado no Centro Sociocultural da vila, unha xornada de contacto con Arxentina mediante videoconferencia. Este mecanismo permitirá a 20 familias do lugar restablecer contacto cos seus familiares de Bos Aires, e non é a primeira vez que se realiza este tipo de iniciativas nesa instalación.

A vontade de realizar este acto procede da Secretaría Xeral de Medios, e está integrada na campaña de dinamización da Rede de Telecentros de Comunicación "Comunícate". Estas actividades estanse promovendo nos distintos centros dependentes do Centro Multimedia de Galicia (CMG) para dar a coñecer á poboación as distintas posibilidades que ofrecen estas instalacións.

Actualmente a Rede de Telecentros de Comunicación de Galicia dispón de TC nas localidades de Coruña, Abegondo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Carballo, Melide, Muros, Negreira, Oroso, Santa Comba, Santa Comba, Ribeira, Santiago, Vedra, Vimianzo, Allariz, Castro Caldelas, O Baro de Valdeorras, O Carballiño, Ourense, Verín, Xinzo de Limia, A Fonsagrada, Becerreá, Chantada, Foz, Guitiriz, Lugo, Monforte de Lemos, Monterroso, Quiroga, Sarria, Viveiro, A Cañiza, A Estrada, Catoira, Lalín, Marín, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: