Velaquí o tema enviado por Paul á sombra, banda que xa participou na edición de A Polo Ghit 2008 co tema 'Unha tarde no zoo'. Como o ano pasado non gañaron, este ano Paul á sombra queren volvelo intentar. A ver se hai sorte! Agora cambiaron un pouco o grupo: a Gelpi sentoulle mal un Phoskitos caducado, e Frenchi marchou a Menorca porque é unha illa e nas illas hai máis praias. Pero teñen novos amigos: Luchi e Sami. Moito ánimo rapaces!!
Ao mellor Paul á sombra sacan dentro de pouco o seu primeiro EP, 'Juan Pinzás e a invasión dos parasoles asesinos'. Mentres esperamos por el, podemos pasalo guai con esta canción: 'O noso contrato coa Virgin'.Paul á Sombra son: Sami, banxo; Michi, guitarras; Luchi, baixo e teclados; Rudi, batería; e Charli, voz.
O NOSO CONTRATO COA VIRGIN
Dille ao pianista que non toque máis,
que ten o prezo escrito entre as dúas cellas,
todos os acordes de free-jazz,
non te prepararon para a lei da selva
dille ao camareiro que tequila só,
esta xente nunca estivo namorada
despois hai quen pensa que as cancións
non poden falar da praiaroba as balas do meu revólver
e se che gustan volve a verme
ola, o eco non responde
e nado até o horizonte sempre
e non sei se son un solitario
ou se somos varios
que non te coñecen
non quero facer outra canción do verán
pero algunhas veces non hai outro remedio
Roi menea o cu coma Georgie Dann
*mami qué será lo que tiene el negro*
dille a túa nai que non estás aquí
dille á túa sombra que pareza un accidente
levo cinco anos sen poder durmir
e agora bailan os adolescentes
outros dirán que a vida é simple
e que todo é posible
pero boeno, acepto terra firme
como animal que vive en seco
e non sei se son un solitario
ou se somos varios
que non te merecen
outros dirán que a vida é simple
e que todo é posible
pero boeno, acepto terra firme
como animal que vive en seco
e non sei se son insolidario
ou non teño ovarios
de o pensar dúas veces