Cortan o tráfico e protestan reclamando un acordo sobre o convenio colectivo, cando está prevista unha nova reunión para a tarde deste martes.
Os traballadores do metal da provincia de Pontevedra volveron saír á rúa este martes, sumando así o seu 15º día de folga, despois de que na xuntanza do luns a patronal e os sindicatos non acadaran un acordo sobre o convenio colectivo. Igual que o resto dos días de protestas os traballadores comezaron a xornada con asembleas nos centros de traballo para despois manifestárense pola cidade.
Está previsto que se espallen por diferentes puntos do rueiro e, despois de provocar diferentes cortes no tráfico celebrarán unha asemblea conxunta na Praza do Rei. Para este martes está prevista unha nova reunión entre patronal e sindicatos ás catro e media da tarde, no edificio administrativo da Xunta en Vigo.
Máis información sobre esta reunión na noticia anterior: Nova xuntanza entre sindicatos e patronal do Metal sen sequera un avance