Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Textos e ilustracións de Xoán Ramón Marín

Construíndolle a alma á gaita: 'O Berce das Palletas'

A Asociación de Gaiteiros Galegos edita un manual sobre a construción de palletas e pallóns, baseado nos coñecementos de famosos artesáns.

Redacción - 11:30 23/06/2009

A Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) presentou este luns no Auditorio de Vilagarcía de Arousa o libro O Berce das Palletas, do prolífico artística e profesional Xoán Ramón Marín e que edita o propio colectivo.

Marín, membro da Xunta Directiva da AGG, formou parte dos grupos Xaramugo e Pallamallada, e é autor dos estudos etnográficos Cruces e cruceiros antigos de Vilagarcía de Arousa e As varandas de ferro dos corredores e balcóns do Ribeiro. Tamén salienta a súa faceta como colaborador e debuxante no Museo do Pobo Galego.

O Berce das Palletas
, segundo el mesmo explicou, é un manual sobre a construción de palletas e pallóns para gaita galega, que escribiu e ilustrou baseándose principalmente nos coñecementos adquiridos a través do xa finado palleteiro Herme e doutros famosos artesáns e publicacións sobre a materia.

A presentación do traballo ao público, xa á venda nas librarías, está prevista para esta quinta feira ás 19.00 horas no Auditorio da e-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo), e para o venres ás 20.30 horas no Auditorio de Vilagarcía de Arousa. O autor falará do traballo e contestará ás preguntas dos asistentes.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: