A investigación revela novos datos sobre o papel do dióxido de carbono nos ciclos de arrefriamento e quencemento da terra.
Os científicos buscan explicacións nos cambios cíclicos de temperatura que sufriu o planeta
Trátase dun estudo do Observatorio Terrestre Lamont-Doherty, da Universidade de Columbia (Nova York), quen acaba de concluír que o mundo non rexistrou en 2,1 millóns de anos niveis de dióxido de carbono como os actuais. Mais, o importante da cuestión é que a investigación ofrece novos datos sobre o papel que os niveis de CO2 teñen sobre os ciclos de temperatura.
O planeta sufriu cambios cíclicos durante millóns de anos, pero hai 850 mil, os de glaciación foron máis prolongados e intensos, un cambio que, até o de agora, moitos científicos atribuían á caida dos niveis do dióxido de carbono. A investigación actual descarta agora esta teoría, mais confirma que eses maiores niveis de gas si coincidiron con intervalos de temperaturas máis altas no mundo.
Segundo explican os científicos, os niveis de CO2 foron daquela dunha media de só 280 partes por millón, cando actualmente son de 385 partes por millón, é dicir, un 38% superiores. Esta descuberta implica que os investigadores terán que recuar máis no tempo para encontrar analoxías coas alteracións climáticas actuais.