Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
O galego no ensino

Educación "estudará" as achegas de Galicia Bilingüe ao decreto

A presidenta da asociación, Gloria Lago, recoñeceu "un abismo" entre ela e Anxo Lorenzo e pediu que o novo texto impida a súa modificación futura.

Redacción / EP - 18:53 17/06/2009

O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, comprometeuse a "estudar" a petición de Galicia Bilingüe de que o vindeiro curso os alumnos poidan usar a lingua que prefiran nas súas comunicacións orais e escritas na aula. O conselleiro e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, reuníronse esta cuarta feira co colectivo presidido por Gloria Lago para escoitar a súas achegas ao novo decreto da lingua no ensino.

Lago dixo que lle pediron ao conselleiro que o presidente da Xunta "cumpra as promesas electorais". Tamén pediu que o novo decreto faga "custoso retirarlles ese dereito aos pais" no caso dun futuro cambio de goberno, "que nos deixen escoller", dixo.

O colectivo tamén entregou unha lista con case 50 centros que "cometen irregularidades" na enquisa aos pais. Segundo Galicia Bilingüe, o incumprimento débese a que enviaron á casa un tríptico en galego "que tenta condicionar" as respostas, o que achacou a "xente desesperada que fai este tipo de trampas".

Por último, cualificaron de "indecente e discriminatoria" unha guía de planificación lingüística elaborada polo secretario xeral de Política Lingüística, afirmando que "un abismo separa Galicia Bilingüe de Anxo Lorenzo".


1/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: