Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Entre xullo de 2001 e xullo de 2009

O Reino Unido investigará, de xeito independente, a guerra de Irak

O primeiro ministro británico, Brown, anunciou a creación dunha comisión que amosará "as leccións aprendidas", e non "agochará culpas".

Redacción - 09:00 16/06/2009
O primeiro ministro británico, Gordon Brown

O primeiro ministro británico, Gordon Brown

O primeiro ministro británico, Gordon Brown, anunciou esta segunda feira que vai desenvolver a agardada investigación sobre a guerra do Irak, e os feitos previos que levaron a ela. Brown tamén sinalou que a comisión de investigación será independente, e que se traballará "a porta fechada", xa que afecta a cuestións de máxima seguridade para Reino Unido.

A investigación, segundo informou Brown ante a Cámara dos Comúns, cubrirá o período entre xullo de 2001 e xullo de 2009 -cando as tropas británicas teñen previsto abandonar o país de Oriente Medio-, e estará presidida por Sir John Chilcot, quen xa formou parte da investigación realizada sobre as armas de destrución masiva. O primeiro ministro precisou que prevé que o seu traballo dure polo menos un ano, e que sirva para identificar "as leccións aprendidas" e non para "agochar culpas".

En canto ao feito de que a investigación sexa en privado e non pública como reclamara a oposición, Brown defendeu que é preferíbel que as testemuñas conten o que saiban "do xeito cándido posíbel. "Non haberá ningún documento nin testemuña británica alén do obxectivo da investigación", prometeu. Segundo o primeiro ministro, o informe final, que non debería coñecerse antes das vindeiras eleccións, revelará "toda a información salvo a máis secreta" e será "plenamente independente do Goberno".

Críticas dende a oposición pola pouca transparencia da investigación
O anuncio de Brown foi recibido con críticas por parte da oposición, en particular no relacionado ao prazo no que se darán a coñecer os resultados da investigación. Segundo o líder dos conservadores, David Cameron, o feito de que o resultado se coñeza após os vindeiros comicios xenerais, podería facer pensar á poboación que o proceso "foi amañado para asegurar que o Goberno se teña que enfrontar a calquera conclusión inconveniente".

Pola súa banda, o líder liberal-demócrata, Nick Clegg, que durante todo este tempo reclamou que a investigación sexa pública, defendeu que "o Goberno non debe ser capaz de pechar o libro desta guerra como o abriu, en segredo". "Para restabelecer a confianza, esta investigación debe realizarse en público", subliñou.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: