Entre outras destacan a dunha aurora austral na Antártida, a de ciclóns extratropicais perto de Islandia ou a das luces da Terra.
O Observatorio Terrestre da Axencia Espacial dos EUA, a NASA, publicou nos últimos anos milleiros de imaxes principalmente do noso planeta e tamén doutros puntos do Sistema Solar.
Con motivo do seu décimo aniversario, o pasado mes de abril, o organismo pediulles aos usuarios da súa web que seleccionasen as súas favoritas que agora difunde.
A fotografía máis popular foi a dos aneis de Saturno, tomada dende a nave espacial Cassini, a mil millóns de quilómetros de distancia.
Entre outras destacan tamén a dunha aurora austral na Antártida, a de ciclóns extratropicais perto de Islandia ou a das luces da Terra.