Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Apoio do goberno portugués ao patrimonio inmaterial

A face intanxíbel do patrimonio

A asociación Ponte... Nas Ondas! participa esta segunda feira nunha xornada na Assembleia da República, en Lisboa.

Redacción - 08:00 15/06/2009

A asociación Ponte... Nas Ondas! participa esta segunda feira no Coloquio sobre Patrimonio Cultutral Inmaterial que baixo o título de A face intangível do património se vai desenvolver na Assembleia da República, en Lisboa. O convite foi realizado polo Grupo de Parlamentares conexo coa Unesco, en colaboración coa Comissão Nacional da Unesco de Portugal.

A xornada será inaugurada polo Secretário de Estado dos Negócios Estrangeiros e da Cooperação, João Gomes Cravinho, xunto coa deputada Manuela de Melo (Presidenta do Grupo de Parlamentares Conexo com a Unesco) e o embaixador Fernando Andresen Guimarães (Presidente da Comissão Nacional da Unesco-Portugal).

Na xornada participan tamén, entre outros, Fernando Brugman, da Sección de Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco ou Clara Frayão Camacho, Subdirectora do Instituto dos Museus e da Conservação do Ministério de Cultura. Tamén intervirán diferentes representantes das Universidades de Portugal, de entidades culturais e de institucións responsables do patrimonio cultural inmaterial.

Ponte...nas ondas! exporá nesta reunión os traballos realizados a prol do patrimonio inmaterial galego-portugués e pedirá aos responsábeis institucionais, ao grupo de parlamentarios presentes e ao Comité Nacional da Unesco, o apoio para presentar nesta institución a inscrición na Lista Indicativa do Patrimonio Cultural Inmaterial do patrimonio común galego-portugués.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: