Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións en Irán

Denuncian a detención de máis dun cento de opositores a Ahmadineyad

O presidente iraniano renovou o seu mandato cunha ampla vitoria nuns comicios considerados fraudulentos polo seu principal rival, Mirhosein Musavi.

Redacción - 10:45 14/06/2009

Máis dun cento de opositores do presidente Mahmud Ahmadineyad foron detidos esta noite, entre estes o irmán do ex presidente Jatami, segundo informou o líder reformista e ex presidente Mohammad Ali Abtahi.

"Leváronos a todos das súas casas a pasada noite", declarou Abtahi, quen anticipou a posibilidade de novos arrestos ao longo deste domingo, principalmente de membros do principal partido de oposición en Irán, Mosharekat.

Ahmadineyad renovou o seu mandato á fronte do país grazas a unha ampla vitoria nunhas eleccións presidenciais consideradas fraudulentas polo seu rival, o ex primeiro ministro Mirhosein Musavi.


Máis información:


  • IRNA (axencia oficial, varias linguas)
  • FARS (axencia iraniana en inglés)


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: