Iván Raposo gañou este galardón outorgado pola Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica e a Escola Politécnica Superior lucense.
Un estudante da Escola Politécnica Superior de Lugo, Iván Raposo, foi o gañador do primeiro premio AGAMAC a proxectos de mecanización agraria. O galardón foi entregado este martes, organizado pola escola e mais pola Asociación Galega de Amigos da Maquinara Agrícola Clásica. O seu proxecto foi un 'Estudo técnico de cravadora de estacas con alimentador'.
O traballo gañador recibiu un diploma, unha placa conmemorativa e un premio de 300 euros e tivo que competir con outros sete proxectos que se presentaron ao certame. O galardón ten como obxectivo estimular a creación dunha nova agricultura capaz de xerar alimentos e crear emprego. O premio terá carácter bianual.