De xaneiro a abril deste ano a Xunta autorizou 467 expedientes de regulación de emprego. A cifra de empregados afectados supera abondo a do ano pasado, que estaba nos 544 para o mesmo período.
Máis de 9.300 traballadores -9.358- víronse afectados por algún dos 467 expedientes de regulación de emprego (ERE) autorizados en Galiza entre xaneiro e abril deste ano, segundo datos feitos públicos polo Ministerio de Traballo e Inmigración.
Estas cifras contrastan coas do ano pasado, cando o número de persoas prexudicadas por un destes procesos, tamén no primeiro cuatrimestre do ano, ascendía a 544. Nos primeiros meses de 2008 só se aprobaran 76 ERE no país.
A cifra de ERE autorizado en abril, 75, supón, por outro lado, un descenso do 10,7% respecto de marzo, no que se lle deu o visto e prace a 84 expedientes. Por outro lado, o mes no que se aprobaron máis expedientes deste tipo -184-, foi en xaneiro.
Á maioría de traballadores suspendéronlles os seu contrato
Á maioría destas 9.358 persoas afectadas por expedientes de regulación de emprego -un 91%-, aplicáronlles medidas de suspensión. A outro 5,54% extinguíronlles os seus contratos; e a un 3,4% fixéronlle unha redución de xornada.
A maioría dos ERE presentáronse na provincia de Pontevedra 70,7%, e, sobre todo, na Comarca de Vigo.