A consellería que dirixe Pilar Farjas fará un seguimento dos cambios que se producen na doenza, e avisará deles á sociedade galega.
A Consellaría de Sanidade halles facilitar aos profesionais sanitarios e aos cidadáns o seguimento das mudanzas que se produzan na web sobre a gripe A (H1N1), a través dun sistema de alerta de mensaxes a teléfonos móbiles.
Para darse de alta neste servizo, haberá que cubrir un formulario situado no apartado Solicitude de inscrición, que aparecen na páxina web do Servizo Galego de Saúde -www.sergas.es-, na icona Subscricións por SMS. O usuario deberá indicar a alerta referida ao novo virus da gripe A, e recibirá, no teléfono que se rexistre, un aviso cada vez que se publique na web da Administración sanitaria algunha novidade.