Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"disciplinas aéreas"

Despois do Air Guitar chega o Air Sex

Sendo a primeira unha disciplina plenamente consolidada, chega a segunda para facerse sitio cun concurso de seu, e de cara a profesionalización.

Redacción - 11:30 06/06/2009
Flickr: originalalamo

Flickr: originalalamo

O Air Guitar é xa unha disciplina consolidada, que mesmo conta con profesionais que a practican a diario, cun seu concurso mundial -que se realiza en agosto na cidade finlandesa de Oulu-, vídeos na rede, webs, programas na TV. Consiste en tocar unha guitarra imaxinaria, facendo do aire as súas cordas.

Pois ben, dado o éxito desta disciplina aérea, o normal sería que lle saísen competidores, como así pasou. Acaba de nacer o Air Sex, unha outra práctica na que se muda a guitarra por unha parella imaxinaria, dá igual se home ou muller, coa que se practica un sexo "polo aire", cunha canción soando de fondo.

A disciplina de simular os clímax
Segundo conta a Wikipedia, o Air Sex inventouse, de xeito espontáneo, en Toquio no ano 2006, e comezaron a aparecer vídeos na rede con varios practicantes da disciplina. No 2007 saltou aos EUA, e comezaron a desenvolverse os primeiros concursos locais -así como tamén pasou co Air Guitar-. O ano pasado fíxose un primeiro campionato internacional en Austin (Texas, EUA), e este ano, na súa segunda edición, o campionato pasará a desenvolverse en 15 cidades por todo o mundo, comezando este sábado de novo en Austin, e terminando en Tucson (Arizona, EUA) o 28 de xuño.

As regras? Ben doadas: cada participantes ten 2 minutos para reproducir, vestido, un acto sexual con música de fondo, e procurando acentuar os clímax da relación, mais simulándoos, xa que non deben ser reais.


Ligazóns

2,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: