Esta é unha das últimas fotos que nos chegou a concurso. Seguimos a buscar Unha imaxe para o galego. Participa e gaña.
Orxeira envíanos esta suxerente foto ao concurso Unha imaxe para o galego. Coma unha especie de alegoría á transmisión xeracional da lingua, vemos dúas mans e, ao fondo, adivíñase unha terceira. O mellor agasallo ás veces é inmaterial.
Logo dunha semana con algúns problemas técnicos á hora de subir as fotos, xa temos outra volta activo o concurso en rede. Até final de mes seguimos bucando as mellores fotos e vídeos sobre a lingua. Consulta os traballos e os premios para os mellores traballos.