Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O Trivial de Ponte nas Ondas

Que é un "quiñón"?

Velaí as preguntas que che propoñemos. Participa! Entre os acertantes sortearemos unha chea de premios.

Redacción - 12:00 05/06/2009


Só tes que contestar algunha das seguintes preguntas e enviarnos, número de pregunta e opción, ao correo redaccion@vieiros.com

É abondo con que respondas unha soa das preguntas. Con iso xa entras no sorteo. Pero se queres, proba sorte con todas. Cantas máis veces participes máis oportunidades de conseguir un agasallo terás.



1.En que ano se iniciou Ponte…nas Ondas! ?
(a)1995
(b)2005
(c)2009

2.Cal é o labor agrario no que se separa a semente da palla?
(a)A seitura
(b)A poda
(c)A malla

3.Que grupo musical galego colaborou na XIV edición de Ponte…nas Ondas 2008?
(a)Los Limones
(b)Luar na Lubre
(c)Estopa

4.Un dos significados de "quiñón" é:
(a)Na música, o intervalo de tres tons e un semitón maior
(b)Un canón pequeno
(c)A parte da pesca obtida por un barco que lles corresponde aos mariñeiros. No seu día, tamén as redeiras cobraban en quiñón

5.En que ano se presentou a Candidatura de Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués na UNESCO ?
(a)1962
(b)2008
(c)2004

6.Que artista brasileiro compuxo a canción A PONTE ?
(a)Roberto Carlos
(b)Xuxa
(c)Lenine

7.En que ano se empezou a retransmitir de Ponte…nas Ondas por Internet?
(a)1998
(b)1992
(c)2009

8.Como se chama a primeira emisora de Radio portuguesa que se "conectou” na primeira edición de de Ponte…nas Ondas?
(a)Onda Lisboa
(b)Radio Bacallau
(c)Ecos da Raia

9.Que planta produce o material co que se traballa nos teares tradicionais?
(a)a carqueixa
(b)o fento
(c)o liño

10.Cal foi o lema da IX edición de Ponte…nas ondas ?
(a)O mar e nós, sós
(b)Pónteme quieto
(c)Ondas do mar de Vigo

11.No ano 2006, Amélia Muge e Narf póñenlle música ao poema “Eu levo unha pena” . Cal é o libro e a autora do poema ?
(a)Látego de algas, de Antón Reixa
(b)Follas Novas, de Rosalía de Castro
(c)Longa noite de Pedra, de Celso Emilio Ferreiro

12.Que grupo de Mozambique participou na XII edición de Ponte…nas Ondas! 2006?
(a)Timbila Muzimba
(b)Tamparantan
(c)Batuko Tanbaraka


Queres pistas? Remexe na historia de Ponte nas Ondas para confirmar os datos.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: