Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
COMEZARÁ EN SETEMBRO

Ourense consolida o seu festival de música de cámara

A nova tempada do ciclo de música de cámara 'Sen Batuta' inclúe dez concertos que traerán á cidade formacións de toda Europa.

Redacción - 19:00 04/06/2009
Cibrán Sierra, coordinador do ciclo

Cibrán Sierra, coordinador do ciclo

A segunda edición de Sen batuta comezará o vindeiro 3 de setembro, xoves. Até o 4 de xuño de 2010 haberá unha cita coa música de cámara todos os primeiros xoves de cada mes no instituto Otero Pedrayo. O ciclo traerá a Ourense grupos de referencia en Europa e lendas do xénero como Vladimir Mendelssohn, director do máis importante festival de cámara, o Festival de Música de Kuhmo. E todo a prezos económicos (6 euros por concerto e 45 polo abono completo). Eis a lista completa de concertos, que se celebrarán os xoves:

3 de setembro: Callino Quartet. Cuarteto de Cordas
1 de outubro: Didier Henry e Anne LeBozec. Barítono e Piano
5 de novembro: Spanish Brass Luur Metalls. Quinteto de Metais
3 de decembro: Cuarteto Quiroga. Cuarteto de Cordas
7 de xaneiro: Cuarteto Casals. Cuarteto de Cordas
4 de febreiro: Doric String Quartet. Cuarteto de Cordas
4 de marzo: PercaDu. Dúo de Percusión
1 de abril: Trio Dali. (Trio con piano)
6 de maio: Alain Meunier, cello. Vladimir Mendelssohn, viola. Cuarteto Quiroga.
4 de xuño: Trio Ravinia. Trio con piano

O ciclo comezará coa actuación do cuarteto irlandés Callino, habitual nos festivais máis importantes de Irlanda, Reino Unido, Francia, Alemaña, Italia ou Holanda, onde actúa frecuentemente. No repertorio que ofrecerán en Ourense destacan as obras do húngaro Gyorgy Kurtag, o gran poeta do son dos últimos 20 anos, e máis cos homenaxeados Haydn (200 anos da súa morte) e Mendelssohn (200 anos do seu nacemento). É, sen dúbida, o punto de partida idóneo para esta segunda tempada de Sen Batuta, que aposta por traer a Ourense unha programación onde sempre están presentes dúas ideas fundamentais: achegar ao público a creación das vangardas do século XX e da actualidade e mais as lecturas máis frescas, innovadoras, creativas, honestas e inconformistas do extraordinario repertorio clásico da música de cámara.


4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: