Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
I+D+i

Máquina xaponesa fabrica papel hixiénico a partir de folios usados

A empresa Nakabayashi presentou un produto que revolucionará a xestión de residuos nas oficinas. Sairá á venda en agosto.

Redacción - 18:15 06/06/2009

Unha empresa xaponesa, Nakabayashi, presentou un revolucionario produto que, de seguro, contribuirá a mellorar a vida en moitas oficinas. Trátase dunha máquina que transforma os folios usados en papel hixiénico e que se pode instalar no mesmo recinto.

Segundo informou o xornal Mainichi, a máquina pode producir dous rolos de papel de váter nunha hora a partir de 1.800 folios (ou 7,2 quilos) de papel usado de tamaño A4, que noutro caso tería rematado no lixo. O aparato, de 600 quilos de peso, resulta bastante impresionante.

Comezarase a vender no mes de agosto no país nipón. Nakabayashi prevé vender 60 unidades o primeiro ano, a un prezo de 67 mil euros. Non se especifica, no entanto, o custo de mantemento.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: