Será o sábado 6 a partir das sete da tarde.
A cerimonia de entrega dos Premios Xerais 2009, que se celebrará o vindeiro sábado 6 de xuño a partir das 19 horas na illa de San Simón poderá ser seguida en directo por Internet dende a páxina de Blogaliza.tv. Para seguir a retransmisión Blogaliza dispuxo dunha páxina de axuda, na que se explica que o único que se necesita para ver a emisión é descargar o reprodutor VLC.
A partir do domingo no blog de Xerais e no seu perfil de Facebook publicaranse unha selección das gravacións da cerimonia.