Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ACTUARÁN O XOVES 4 EN GAIA

Milladoiro abrirá a capitalidade cultural do Eixo Atlántico

Será a primeira das 300 actividades que durante todo o verán se realizarán nas 34 localidades que forman parte do organismo transfronteirizo.

Redacción - 17:00 03/06/2009

Milladoiro ofrecerá, coa colaboración de Mafalda Arnauth, o concerto inaugural das actividades culturais que se celebrarán na cidade portuguesa. Ao longo de tres meses (xuño, xullo, agosto), celebraranse máis de 300 actos, con motivo da elección de Vila Nova de Gaia como 'Capital Cultural do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular'. Estes eventos, que se pretende que teñan unha continuidade no futuro, aséntanse en áreas que van desde a literatura (Salâo Infanto-Juvenil de Literatura), á música (Festival de Rock Luso-Galaico), pasando polo teatro (Mostra de Artes Performativas). Santo Tome e Príncipe, será o país convidado desta primeira edición da "Capital da Cultura". O concerto de Milladoiro comezará ás dez da noite en Gaia, na Serra do Pilar.

Concertos, encontros literarios e exposicións
"Facer cultura no ten por que custar grandes sumas de diñeiro e o exemplo é a Capitalidade Cultural do Eixo Atlántico que acolle Gaia que proporá máis de 300 eventos culturais en tres meses", afirmou na presentación da programación o secretario do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, en rolda informativa co concelleiro de cultura de Gaia, Mario Dorminsky. Mao destacou que a Capitalidade Cultural do Eixo Atlántico é un elemento de posta en valor da cultura de Galiza e o Norte de Portugal conxugando a cultura tradicional dos pobos da eurorrexión, coa aposta pola innovación, as novas tecnoloxías, e as vangardas culturais.

O Secretario Xeral subliñou dous exemplos. Un o festival de rap Eixorap que reunirá a unha ducia de mc's galegos e portugueses, xa consolidados, algúns, e novos, outros. Neste senso, afirmou que a Capitalidade fixo un esforzo por incluír as novas tendencias musicais, "que tamén se fan no espazo da eurorrexión". O outro exemplo foi o Encontro de escritores Galegos e Portugueses de quen dixo, "é una forma de promoción activa da cultura, nun encontro que pese o que pareza, no se fan regularmente".

Na programación, aínda non definitiva haberá musica moderna (blues, rock e hip hop), exposicións de todo tipo de artes plásticas como pintura escultura, performances, danza o musica clásica; mostras da cultura popular e encontros profesionais. Dorminky defendeu que a Capitalidade Cultual do Eixo non se debe equiparar "nin co Xacobeo, nin coa Capitalidade Europea da Cultura, xa que o obxectivo e ven distinto. Non se trata de facer só actos, senón reivindicar o patrimonio cultural da eurorrexión, pasado, presente e futuro". Estas diversidades estarán representadas en varias iniciativas que contan co apoio dos municipios que integran o Eixo Alántico. Así, aproveitarán as celebracións para amosar en Gaia o seu arte, tradicións e oferta no evento "Expocidades do Exo Atlantico", unha mostra aberta ó publico durante dez días para cada cidade nunha céntrica praza da cidade de Gaia que leva o nome da entidade transfronteiriza.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: