Unha conferencia do blogueiro Raúl Ordóñez centrará a segunda xornada do evento no país, que abrira na Coruña o presidente de Blusens.
Este venres desenvolverase en Compostela a segunda xornada de Iniciador Galicia, unha actividade dedicada a persoas emprendedoras, profesionais e usuarias, especialmente do sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación.
A cita será na sede da Fundación Caixa Galicia, ás sete da tarde. Será a segunda vez que se desenvolva no noso país, despois dunha xornada semellante que se desenvolveu na Coruña e na que participou o presidente de Blusens, José Ramón García.
Desta volta, falará Raúl Ordóñez, responsábel de Negocio e Comunicación de Bitácoras.com, a principal rede social de blogueiros en castelán. Andaluz afincado en Lugo, contará a experiencia da empresa como 'startup', o teletraballo e a súa visión do proxecto. Ordóñez é, ademais, moi coñecido na blogosfera.