A asociación cultural
Ponte nas Ondas organiza un ano máis unha experiencia de radio interescolar xa consolidada nas aulas da eurorrexión. Unha iniciativa pioneira no ámbito da educación, a cultura e as novas tecnoloxías que, cada ano durante os últimos quince e ás portas do verán, peneira ducias de traballos realizados ao longo do curso escolar. Así, a xornada Ponte... nas Ondas, proxecta ao público unha chamada de atención sobre o patrimonio inmaterial galego-portugués. Este ano, tal e como xa lles contamos, o colectivo propón a creación do sistema dos "tesouros vivos" da eurorrexión.
Como participar: -Concurso de micro-relatos: Deixa a túa pegada a prol do patrimonio participando e
Cóntanos do teu tesouro vivo -Desde primeira hora da mañá podedes asistir á emisión dun programa especial sobre os tesouros vivos. Será emitido
en directo por internet, coa colaboración da Universidade de Vigo, desde a Facultade de Económicas da institución
-O
trivial de Ponte nas Ondas e os tesouros vivos. Durante a xornada do venres estará á vosa disposición unha escolma de preguntas sobre o patrimonio, ás que podedes responder, vía correo electrónico, para gañar algún dos agasallos en sorteo
-Podes cubrir a ficha de
identificación dos tesouros vivos -Une a túa escola á
rede de Escolas Promotoras do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.
Máis información: