Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Novo presidente para o país

Funes toma posesión co reto dunha viraxe á esquerda para El Salvador

"O pobo unido, xamais será vencido" foi unha das pezas que se escoitou ao inicio do acto de investidura, ao que asistiron 15 xefes de Estado e, entre outros, Hillary Clinton.

Redacción - 08:00 02/06/2009
Mauricio Funes, presidente de El Salvador

Mauricio Funes, presidente de El Salvador

Combater a pobreza, traballar a prol da xeración de máis postos de emprego e afondar na loita contra a inseguridade cidadá nas rúas foron algúns dos eixos destacados das promesas do novo presidente de El Salvador, Mauricio Funes. O mandatario accede ao posto no medio de complicados indicadores económicos, coa inflación disparada e unha acusada diminución non só nas exportacións senón tamén nos cartos enviados pola ampla comunidade de emigrantes que traballan fóra do país, principalmente nos Estados Unidos.

Diante dese escenario, Mauricio Funes anunciou un plan anticrise que, agarda, creará até 30 mil empregos entre este ano e o seguinte e 70 mil máis no exercicio consecutivo. A inxección de crédito ás pequenas empresas, que será unha das funcións da banca estatal que creará, a mellora de infraestruturas e a rehabilitación das vivendas máis pobres son outros compromisos estabelecidos.

"Hai que recuperar o tempo perdido", expuxo no seu discurso, ao tempo que denunciou a actitude da "elite dirixente que até o de agora estivo no poder". "Rematou o tempo da impunidade", sentenciou. Á súa investidura acudiron numerosos xefes de estado e delegacións de máis de 70 países, entre outros, a dos Estados Unidos, encabezada pola súa secretaria de Estado, Hillary Clinton. "É unha muller que honra América e irradia honradez", dixo Funes en referencia a Clinton, reparando no valor estratéxico da presenza da político estadounidense, quen prometera ampliar a relación dos EUA co país que, co acceso por vez primeira á presidencia do candidato do Frente Farabundo Martí para la Liberación Nacional (FMLN), pecha unha etapa de vinte anos de gobernos da dereita.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: