Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
con cargos

En liberdade as tres persoas detidas en Cangas, nas protestas contra as obras do Salgueirón

Declararon ante o xuíz, e terán un xuízo rápido, supostamente, esta terza feira. Na tardiña hai convocada unha nova concentración no mar de Cangas.

Redacción - 17:25 01/06/2009
Unha imaxe das obras, cunha banda da garda civil que prohíbe o paso

Unha imaxe das obras, cunha banda da garda civil que prohíbe o paso

Por volta das 16h00 desta segunda feira foron postas en liberdade as tres persoas detidas na contorna das obras do porto do Salgueirón, en Cangas (O Morrazo). Os detidos facían parte dunha sentada na praia, a carón da entrada ao predio no que se está a realizar a construción dun porto deportivo e unha macro urbanización. Alí, un grupo de persoas, mobilizadas polo Foro Social de Cangas, estaban protestando ante as obras de recheo que continúan, a pé de praia.

Os detidos permaneceron dende primeira hora da mañá no cuartel da garda civil de Cangas. A dous deles impútanlles os cargos de coacción e desobediencia; o terceiro só está acusado de coacción. Dende o Foro Social de Cangas denunciaron a desmesurada acción da garda civil, que, segundo din, "actuaron coma mercenarios" ao servizo dunha empresa, e non da cidadanía. Alén disto, lembraron que a praia, onde se atopaban as persoas que facían parte da protesta, "é de dominio público". Previsibelmente, estas tres persoas terán que enfrontarse, esta terza feira ao mediodía, a un xuízo rápido.

Nova concentración no mar de Cangas contra as obras en Massó
Para a tarde desta segunda feira (18h00) hai convocada unha nova concentración mariñeira no mar de Cangas, tal e como xa aconteceu a pasada semana. Daquela, os mariñeiros de Cangas contaron coa asistencia do emblemático buque Rainbow Warrior, do colectivo ecoloxista Greenpeace, que quixo axudar a amplificar a protesta canguesa.

Mentres, seguen os traballos de construción sobre o vello peirao, o do porto deportivo chegará a unha lonxitude de 600 metros, e mais o recheo de 15 mil metros máis, operación moi criticada tamén pola Federación Ecoloxista Galega que agoira un grave impacto ambiental. Alén da ausencia de licenza municipal e da inexistencia do plan de usos da Autoridade Portuaria, as obras avanzan tamén malia o contencioso pendente de resolver que enfronta o proxecto coa confraría local de pescadores.

Poden ampliar información sobre este conflito:


4,43/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Os compañeir@s de GzVídeos estiveron a carón do Foro Social de Cangas, filmando as detencións e as protestas

Imaxe da protesta no mar de Cangas da pasada semana, cando se uniu o buque de Greenpeace
Imaxe da protesta no mar de Cangas da pasada semana, cando se uniu o buque de Greenpeace