A maioría de Estados da UE convocaron os cidadáns ás urnas o domingo, mais outros fixérono para a quinta feira e mesmo algúns reparten o proceso en dous días.
Un único Parlamento, eurodeputados co mesmo estatus, mais xornadas de votación en día diversos. Os Estados da UE son os encargados de organizar o proceso electoral, e fano en base ás súas leis electorais e tradicións.
Isto provoca que as eleccións lexislativas duren catro días. Os primeiros en se estrearen han ser os cidadáns de Holanda e de Reino Unido, esta quinta feira. Un día despois, o venres, será a quenda de Irlanda. Tamén da República Checa, aínda que neste caso o proceso continúa ao día seguinte.
Outro dos estados que dividen o proceso en dúas xornadas é o italiano, concretamente en sábado e domingo. Tamén en sábado votan en Chipre, Eslovaquia, Letonia e Malta.
Por último, o resto dos 27 estados membros da UE (alemán, austríaco, belga, búlgaro, danés, esloveno, español, estoniano, finés, francés, grego, húngaro, lituano, luxemburgués, polaco, portugués, romano e sueco) convocaron os seus cidadáns o domingo.
No entanto, os resultados das eleccións non se comezarán a anunciar até que todos os colexios electorais estean pechado. Isto é, o domingo á tardiña.